Trátase dun Programa de apoio ao emprendemento industrial, financiado a través dos fondos europeos Next Generation e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia ( PRTR) para España.
Para canalizar estes fondos e que cheguen ás empresas, a Sociedade de Garantía Recíproca para as provincias da Coruña e Lugo asinou un acordo con CERSA, Compañía Española de Reafianzamiento, adscrita á DGIPYME. Cunhas condicións que buscan facilitar o acceso ao crédito do tecido industrial, grazas a este produto, específico das SGRs, as empresas poderán financiar os seus proxectos de emprendemento e crecemento con préstamos que poden chegar ao 0%, para investimentos de ata 1,5 M€ e cun prazo de ata 15 anos.
Este programa diríxese a proxectos de creación de novos establecementos industriais e tamén a iniciativas de crecemento que buscan un cambio de escala na produción ou mellora da competitividade, o que inclúe a creación dun novo establecemento industrial, o traslado que implique crecemento de capacidade e que non sexa simplemente un cambio de localización, a ampliación de capacidade produtiva tanto por creación de novas liñas como por ampliación das existentes e calquera mellora do sistema produtivo para incrementar a competitividade. As empresas terán que cumprir co criterio de non causar coa súa actividade prexuízo significativo ao medioambiente.
Programa Emprendimiento Industrial_CERSA
Anexos actividades elexibles e códigos CNAE