A Xunta de Galicia publicou recentemente no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a promover o consumo nos comercios minoristas da comunidade a través do Programa de Bonos Activa Comercio.
Este programa ten como obxectivo dinamizar o sector comercial local mediante a entrega de bonos aos consumidores, que poderán canxealos nos establecementos adheridos ao programa. As axudas concederanse en réxime de concorrencia non competitiva, polo que todos os comercios que cumpran os requisitos poderán beneficiarse delas.
Datas clave:
- Inicio do prazo de solicitudes: 23 de outubro de 2024.
- Fin do prazo: ata que se esgote o crédito dispoñible ou o 15 de decembro de 2024.
Onde rexistrarse: Para formalizar o rexistro e obter máis información, podedes visitar o sitio web: www.bonosactivacomercio.gal
Este programa representa unha gran oportunidade para os comercios locais de Galicia, ofrecendo un incentivo directo aos consumidores para apoiar o comercio de proximidade.