Entidades Beneficiarias:
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.
No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49, salvo no caso dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro que poderán superar devandito número.
Para a liña II, se a solicitude é para as sublíneas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a sublínea 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude. As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras esixido para cada liña durante todo o período establecido no artigo 2.Para a liña I, as empresas beneficiarias non poderán superar o número de 49 persoas durante todo o período establecido no artigo 2.
Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.
Será necesario que as entidades teñan unha taxa de estabilidade de cando menos o 50% desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de outubro de 2024. Para o cálculo desta porcentaxe só teranse en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.
Entidades non beneficiarias:
– Non se outorgarán axudas a empresas ou grupos de empresas que xa fosen beneficiarias destas axudas, polas mesmas liñas ou sublíneas en convocatorias anteriores.
– Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades públicas.
– Na Liña II, sublínea 1 quedan excluídas as empresas do sector TIC e na Liña II, sublínea 3 quedan excluídas as empresas do sector TIC da economía.
– Non poderán ser beneficiarias das axudas do suposto da contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e, como mínimo, dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/o coñecementos acreditados en materia de igualdade da liña I, aquelas empresas de consultoría ou asesoría que teñan entre as súas actividades o asesoramento na elaboración e implantación de plans de igualdade ou a formación en igualdade.
Liñas de axuda:
Esta orde de convocatoria estrutúrase en tres liñas de axudas:
Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos definidos no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e modifícase o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
Liña II: conciliación (TR357D) que, á súa vez, comprende tres sublíneas:
Sublínea II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
Sublínea II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
Sublínea II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.
Liña III: certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación), global reporting initiative (GRI); united nations global compact (Pacto mundial); ISO 37301; SGE 21; global accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ISO 50001; SA 8000 e QNet SR10, Bequal (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable e, así mesmo, selo de horarios racionais (SHR).
Prazo de presentación:
Dende o 07 de febreiro de 2024, ata o 06 de marzo de 2024.
Bases reguladoras: