PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

  • Categoría da entrada:AXUDAS / Novas
Neste momento estás a ver PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

 

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Beneficiarios: 

  •  Persoas que causen alta entre 01/10/2020 e 30/09/2021 en:
  1. RETA
  2. Calquera réxime especial por conta propia
  3. Mutualidade profesional

Requisitos:

  • Estar rexistrado como demandante de traballo e carecer de ocupación na data de inicio da actividade.
  • Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude desta axuda.
  • Desenvolver a súa actividade fundamentalmente en Galicia.
  • Non ter recibido subvencións análogas aos programas de emprego autónomo nos 3 anos anteriores.
  • Non desenvolver, como persoa autónoma, a mesma actividade nos 6 meses anteriores á data de inicio da actividade ou calquera outra nos 3 meses anteriores.

Prazo de presentación:

  • Aberto ata o 30 de setembro de 2021

 

Máis información