PROGRAMA FORMATIVO PARA PROFESIONAIS DA HOSTALERÍA

Neste momento estás a ver PROGRAMA FORMATIVO PARA PROFESIONAIS DA HOSTALERÍA

A Concellaría de Innovación, Formación e Emprego do Concello de Carballo porá en marcha este mes un programa de formación específico para a hostalaría coa intención de que poida afrontar nas mellores condicións os retos que ten por diante o sector. Con esa intención contaremos con tres grandes profesionais como Miguel Silvarredonda, colaborador en departamento de I+D en empresas alimentarias e docente de cociña; Alberto Falcón, experto en marketing, comunicación e formación, e Javi Mos, profesional cunha longa traxectoria en comunicación e marketing.

 

 

O programa formativo é o seguinte:

  • 21 de novembro: Escandallo e optimización de menús.
  • 22 de novembro: Atención ao cliente online e whatsapp business.
  • 28 de novembro: Conservación de produto.
  • 29 de novembro: Como prepararnos para o delivery.
  • 12 de decembro: Envases para take away

Todas as accións formativas impartiranse nas instalacións do Fórum Carballo, de 17.00 a 19.00 horas.

▶️ +????rmación e inscricións : https://bit.ly/3EqlVLn