Beneficiarios:
As persoas físicas e xurídicas titulares de empresas de aloxamento turístico, de restauración e de axencias de viaxes que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda.
En concreto, son actuacións subvencionables as que realicen calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
- Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos.
- As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares).
- As axencias de viaxes.
Obxecto:
Teñen por obxecto promover o desenvolvemento tecnolóxico e o proceso de transformación dixital das empresas turísticas a través da incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, coa finalidade de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do sector turístico.
Gastos subvencionables e importe máximo da subvención por persoa solicitante:
- Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a persoa solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2023 (en ningún caso se admitirán facturas nin xustificantes de pagamento que non estean comprendidos entre esas datas) con respecto aos conceptos seguintes:
1.1. Gastos derivados da transformación dixital.
a) Instalación de novos PMS (property management system) e ERP (enterprise resource planning) e integración de PMS e ERP actuais.
b) Instalación de novos CRM (customer relationship management), tanto integrados con PMS como non integrados.
c) Instalación dun channel manager.
d) Instalación de ferramentas de visualización, consulta e análise de datos.
e) Implementación de motores de reserva.
f) Incorporación de sistemas e metodoloxías para reforzar a seguridade dos datos.
g) Utilización de tecnoloxías disruptivas na realización da actividade da empresa: blockchain, realidade virtual ou aumentada, big data e análises-explotación de datos, sensorización e comunicación entre máquinas, intelixencia artificial.
1.2. Gastos de equipamento tecnolóxico necesarios para os indicados no punto anterior. En todo caso, queda excluída a telefonía. Estes gastos de equipamento tecnolóxico asociados aos indicados no punto 1.1 non poderán superar o 10 % do investimento subvencionable.
1.3. Gastos de aloxamento ou servizos na nube necesarios para os gastos indicados no punto 1.1.
1.4. Gastos derivados da creación do produto e /ou comercialización do destino Galicia.
a) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.
b) Gastos derivados dos custos da pertenza a grupos de compra e/ou xestión do uso de ferramentas para a creación do produto turístico e/ou de comercialización do destino Galicia.
2. Non serán gastos subvencionables aqueles conceptos que non estean directamente relacionados coas actuacións subvencionables.
Exclúense como gastos subvencionables os bens de equipamento de segunda man.
3. O importe da subvención será do 80 % do investimento subvencionable. O investimento máximo subvencionable será de ata 15.000,00 euros por persoa beneficiaria, polo que a axuda máxima será de 12.000,00 euros.
Enténdese por investimento subvencionable o importe orzado unha vez deducido o imposto sobre o valor engadido e os gastos non subvencionables.
Prazo de presentación:
Dende o 6 de xullo de 2023 ata o 7 de agosto de 2023.
Bases reguladoras: