Beneficiarios:
- Comerciantes retallistas.
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño), incluídas as persoas en situación de autoemprego.
c) Que estean dadas de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan a continuación, e que esta constituúa a actividade principal: (641, 642, 643, 644, 645, 647 (agás 647.4 e 647.5), 651, 652 (agás 652.1), 653 (agás 653.4), 656, 657, 659 e 665.
No suposto de que nun mesmo establecemento comercial se realicen actividades comerciais subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal.
- Obradoiros artesáns.
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
- Asociacións de comerciantes.
Que teñan a condición de centro comercial aberto ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300A) (DOG núm. 28, do 9.2.2023).
En todo caso, as asociacións de comerciantes deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola Xunta Directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.
Actuacións subvencionables:
Considerarase subvencionable a adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado realizadas con materiais cen por cento naturalmente biodegradables ou ecolóxicos. Poderase acreditar a sustentabilidade dos materiais utilizados mediante certificación, norma ISO ou equivalente que garanta que os produtos foron elaborados con prácticas sustentables e responsables.
a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
– Caixas e sobres de cartón ou papel reciclado.
– Recheos, proteccións acolchadas e escumas para a embalaxe.
– Cordas ou cintas de rafia, algodón ou outros materiais naturais.
– Film de material biodegradable.
– Etiquetas.
– Pegamento e cinta adhesiva.
– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.
b) Asociacións de comerciantes:
– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.
Non se considerarán gastos subvencionables:
a) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda, de conformidade co disposto no artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Se a persoa solicitante está suxeita ao réxime especial de recargo de equivalencia, o imposto sobre o valor engadido será subvencionable ao non ser susceptible de recuperación nin compensación. Para ese efecto, a persoa solicitante deberá indicalo na epígrafe correspondente do modelo de solicitude (anexo III) e acreditar tal circunstancia coa documentación correspondente; en caso contrario, non se considerará un gasto subvencionable.
b) As bolsas comerciais e demais elementos de plástico.
c) As actuacións desenvolvidas en establecementos de hostalaría.
d) As actuacións que inclúan publicidade, imaxes ou calquera outro contido sexista ou discriminatorio, ou que non respecten a normativa vixente sobre o uso correcto do idioma.
Investimentos máximos subvencionables:
a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras. Investimento máximo 3.000,00 €. Con unha axuda do 80%.
Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras. Investimento máximo 4.500,00 €. Con unha axuda do 75%.
Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 persoas traballadoras. Investimento máximo 6.000,00 €. Con unha axuda do 70%.
b) Asociacións de comerciantes:
Entre 50-69 comercios asociados. Inversión máxima 7.700,00 €. Con unha axuda do 90%.
Entre 70-99 comercios asociados. Inversión máxima 10.000,00 € . Con unha axuda do 90%.
Entre >=100 comercios asociados. Inversión máxima 13.300,00 €. Con unha axuda do 90%.
O investimento mínimo que cómpre realizar para que o proxecto se considere subvencionable ascende a 1.000,00 €.
Financiamento:
a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
Destinarase un crédito total de 1.015.000,00 €.
b) Asociacións de comerciantes:
Destinarase un crédito total de 485.000,00 €.
Prazo de presentación:
Dende o 9 de setembro de 2023 ata o 9 de outubro de 2023
Bases Reguladoras: