“SUBVENCIÓNS PARA A MODERNIZACIÓN DE EMPRESAS PRIVADAS DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS PRESTADORAS DE SERVIZOS DE TRANSPORTE POR ESTRADA E DE EMPRESAS PRIVADAS QUE INTERVEÑEN NO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA, NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA”

Neste momento estás a ver “SUBVENCIÓNS PARA A MODERNIZACIÓN DE EMPRESAS PRIVADAS DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS PRESTADORAS DE SERVIZOS DE TRANSPORTE POR ESTRADA E DE EMPRESAS PRIVADAS QUE INTERVEÑEN NO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA, NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA”

 

Beneficiarios:

Serán destinatarios últimos das axudas, sempre que teñan a súa residencia fiscal en España, tanto as persoas xurídicas privadas incluídas na definición de peme, como as persoas físicas, cando, en ambos os casos, cumpran algunha das seguintes condicións:

a) Sexan titulares dalgunha das seguintes autorizacións en vigor na data da solicitude das axudas:

1º. Unha autorización de transporte público de mercadorías habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5 t de masa máxima, identificada coa clave MDPE.

2º. Unha autorización de transporte público discrecional de viaxeiros en autobús, identificada coa clave VDE.

3º. Unha autorización de transporte público de mercadorías, habilitante para facer transporte con vehículos de ata 3,5 t de masa máxima, identificada coa clave MDLE.

4º. Unha autorización de operador de transporte habilitante para intermediar na contratación de transportes públicos de mercadorías, identificadas rexistralmente coa clave OT.

b) Que na data da solicitude da axuda presten servizo público de transporte urbano en autobús e sean exentas da obtención dalgunha das autorizacións incluídas na letra a) deste punto.

c) Que interveñan no proceso de transporte de mercadorías como cargador/descargador ou expedidor/receptor, tal e como se reflicte na Lei 16/1987, do 30 de xullo, no documento de control e no ADR.

Actuacións subvencionables:

Serán actuacións subvencionables as categorías de solucións de modernización que se enumeran a continuación:

Categoría 1. Xestión de documentos de control electrónicos (anexo I, IF325A). Categoría 2. Sistema de tacógrafo intelixente de segunda xeración (anexo II, IF325B).

Categoría 3. Integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión (anexo III, IF325C). Esta categoría está destinada únicamente á actividade de transporte de mercadorías.

Categoría 4. Implantación de sistemas TMS/ERP (anexo IV, IF325D).

Categoría 5. Implantación de sistemas SAE (anexo V, IF325E).

Categoría 6. Actualización de sistemas SAE (anexo VI, IF325F).

* Na categoría 5, Implantación de sistemas SAE, e na categoría 6, Actualización de sistemas SAE, dado que as axudas se establecen por número de vehículos da empresa, a implantación débese realizar nos seguintes vehículos:

a) Se o destinatario último ten ata tres vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas SAE embarcados nun vehículo.

b) Se o destinatario último ten entre catro e dez vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas SAE embarcados en tres vehículos.

c) Se o destinatario último ten máis de dez vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas SAE embarcados en dez vehículos.

Categoría 7. Axudas aos servizos de transporte de viaxeiros (anexo VII, IF325G). As axudas establécense por número de vehículos e importe polo sistema de contaxeo, polo que:

a) Se o destinatario último ten ata tres vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas hardware de contaxe e os sensores necesarios nun vehículo.

b) Se o destinatario último ten entre catro e dez vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas hardware de contaxe e os sensores necesarios en tres vehículos.

c) Se o destinatario último ten máis de dez vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas hardware de contaxe e os sensores necesarios en dez vehículos.

Categoría 8. Implantación de aplicacións para reclamacións por medios electrónicos (anexo VIII, IF325H).

Categoría 9. Mellora de sistemas de ticketing (anexo IX, IF325I).

Prazo de presentación:

Dende o 29 de abril de 2023 ata o 30 de xunio de 2024

Bases Reguladoras:

https://acortar.link/dQcG7k