Beneficiarios:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a entidades incluídas no ámbito de actuación destas bases e, en concreto, das actividades recollidas na línea a). Para poder ser destinatarias estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha entidade das indicadas na línea a) e deberán contar en todo caso co visto e prace do titular da instalación, por se a concesión da axuda dese lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes. Estas empresas deberán cumplir os seguintes requisitos:
* Os establecidos no Real decreto 56/2016, do 12 de febrero para o desenvolvemento da actividade profesional de proveedor de servicios enerxéticos.
* E deberán estar incluídos na listaxe de proveedores de servicios enerxéticos regulada no capítulo III do citado Real decreto.
Persoas e entidades excluídas destas axudas:
* As persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
* As persoas particulares e comunidades de propietarios sen actividade económica.
* As que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014.
* As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
* As empresas que operan no sector de produción agrícola primaria coas actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases desde a 1.11 á 02.40 do CNAE-2009, ambas excluídas como beneficiarias.
* A industria extractiva enerxética, a de refinación de petróleo e biocombustibles, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
* As empresas dedicadas ás actividades recollidas na sección K do CNAE-2009 de actividades financeiras e de seguros.
Proxectos que se subvencionan:
1. Poderán ter dereito a subvención os proxectos de aforro e eficiencia enerxética recollidos no punto 2 que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de execución dos proxectos subvencionables (téñase en conta a definición de inicio dos traballos recollida no artigo 2.1) iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 26.
2. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética que se subvencionan: a) Serán elixibles os custes de inversión adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética. Determinarase do seguinte xeito:
1º Cando os custos do investimento en eficiencia enerxética poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa eficiencia enerxética serán subvencionables.
2º En todos os demais casos, os custos do investimento en eficiencia enerxética determinaranse por referencia a un investimento similar, que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de xeito crible sen a axuda. A diferenza entre o custo de ambos investimentos determinará o custo relacionado coa eficiencia enerxética e será o custo subvencionable. Os custos dos proxectos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionados.
b) Serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual iguales ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña:
Denominación da liña |
Proxectos subvencionables |
PAPEME. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pymes | Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final y de enerxía primaria por euro de inversión elixible. |
PAGE. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas | Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible. |
PAE. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % | Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI. |
PAP. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas | Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible. |
Para contribuír á comprobación dos resultados enerxéticos obtidos será subvencionable a implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociadas ás actuacións de aforro para as cales se solicita axuda. Será subvencionable a realización de auditorías enerxéticas que inclúan en detalle a actuación subvencionada salvo que se trate dunha auditoría obrigatoria conforme a normativa vixente.
Requisitos técnicos dos proxectos que se subvencionan:
- Levar asociado o aforro enerxético mínimo requirido para cada proxecto segundo o indicado no artigo 6. O dito aforro debe quedar xustificado na memoria técnica e na ficha de consumos a que se fai referencia no artigo 11. Non se considerarán válidos para a xustificación os resultados de experiencias anteriores a menos que se presente a documentación que acredite tales aforros.
- No caso de mellora de instalacións de iluminación a instalación resultante debe cumprir os requisitos que sexan de aplicación definidos na norma UNE-EN 12464 (iluminación dos lugares de traballo) e na Guía técnica para a avaliación e prevención de riscos relativos a utilización de lugares de traballo.
- Os proxectos que se presenten deberán ser técnica, xurídica, económica e financeiramente viables.
- Para o caso de proxectos que requiran da realización de obra civil, deberán cumprirse as seguintes condicións específicas durante a execución do proxecto: a) Ao menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na listaxe europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados na execución do proxecto prepararase para a súa reutilización, reciclaxe ou recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE. A verificación desta condición realizarase achegando os certificados de xestión de residuos de construción e demolición con destino a reutilización, reciclaxe e recuperación expedidos polos xestores de destino como xustificación da entrega, incluíndo os códigos da Listaxe europea de residuos (LER) e a porcentaxe de valorización acadado. b) Non utilización de amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da listaxe de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006. A verificación desta condición realizarase achegando un certificado da empresa contratista conforme para a execución da obra non se utilizou amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da lista de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2066.
Investimentos subvencionables:
- Os proxectos que non cumpran cos requisitos técnicos mínimos recollidos no artigo 7 non serán subvencionables.
- Non se admitirán no orzamento partidas alzadas; todas as partidas deberán levar as súas correspondentes medicións.
- Non serán subvencionables as seguintes actuacións; a) As instalacións que utilicen enerxías renovables, salvo as que procedan da valorización de residuos non propiamente enerxéticos e as bombas de calor. b) Operacións de mantemento (simples reposición de lámpadas, …). c) Vehículos de todas as clases utilizables para o transporte terrestre, marítimo ou aéreo de persoas, animais, materiais ou mercadorías, excepto os que se deban rexistrar na conta de maquinaria. A conta de maquinaria inclúe o conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os cales se realiza a extracción ou elaboración dos produtos. Nesta conta figurarán todos aqueles elementos de transporte interno que se destinen ao traslado de persoal, animais, materiais e mercadorías dentro de factorías, talleres, etc. sen saír ao exterior.
- Considéranse custos subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, dirección facultativa e obra civil relacionados coas actuacións, o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha, así como os sistemas de monitorización, contabilización e telexestión e as auditorías nos termos indicados no artigo 6.
- Non se consideran custes subvencionables: a) Os gastos de legalización. b) O imposto sobre o valor engadido (IVE). c) Os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- En ningún caso serán subvencionables as instalacións/equipamentos que xa fosen obxecto de axuda en anos anteriores.
- Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable. Cando nunha actuación de aforro se incremente substancialmente a capacidade produtiva final do proceso só se considerará elixible o custo correspondente á mellora enerxética da capacidade produtiva inicial.
Contía da axuda:
- A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.
Para axudas de máis de 100.000,00 € limítase a axuda segundo o aforro enerxético xustificado segundo a seguinte táboa. Para estes efectos da aplicación deste límite no caso de proxectos da liña PAP utilizarase a epígrafe específica para esta tipoloxía de proxectos:
Tipoloxía beneficiario |
Axuda máxima en función do aforro enerxético |
Pequena empresa | Se AEF < 80 MWh/ano: AM = 100.000 |
Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM = AEF x 1.250 | |
Mediana empresa | Se AEF < 100 MWh/ano: AM = 100.000 |
Se AEF ≥ 100 MWh/ano: AM = AEF x 1.000 | |
Gran empresa
|
Se AEF < 150 MWh/ano: AM = 100.000 |
Se AEF ≥ 150 MWh/ano: AM = AEF x 675 | |
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas (PAP) | Se AEF < 80 MWh/ano: AM = 100.000 |
Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM = AEF x 1.250 |
Onde:
AEF = aforro enerxético anual de enerxía final en MWh/ano.
AM = axuda máxima por expediente en función da tipoloxía de beneficiario e o aforro enerxético en euros.
- No caso de proxectos do sector industrial cun investimento igual ou superior a 100.000,00 € e ratios de aforro iguales ou superiores a 0,81 kWh/€ de inversión a axuda estará limitada a un máximo do 25 % da inversión. Para estes efectos, considérase sector industrial aquelas actividades do CNAE 2009 (Real decreto 475/2007) das divisións 07 a 39.
- Establécese unha axuda máxima por expediente de 1.000.000,00 de €.
- A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 2.000.000,00 de €.
- En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
Forma e prazo de presentación das solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de maio de 2023 ás 9.00 horas e finalizará o 15 de setembro de 2023.
As solicitudes presentaranse na páxina web do Inega accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado.
BASES REGULADORAS: