“SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE MELLORA ENERXÉTICA, DIRIXIDO A AUTÓNOMOS E PEMES DO SECTOR SERVIZOS (PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME)”

Neste momento estás a ver “SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE MELLORA ENERXÉTICA, DIRIXIDO A AUTÓNOMOS E PEMES DO SECTOR SERVIZOS (PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME)”

Beneficiarios:

As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións da CNAE 2009:

Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 45 a 47

Sección H: transporte e almacenamento, divisións 49 a 53.

Sección I: hostalería, Divisións 55 a 56 .

Sección J: información e comunicacións, divisións 58 a 63.

Sección K: actividades financeiras e de seguros, divisións 64 a 66.

Sección L: actividades inmobiliarias, división 68.

Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas, divisións 69 a 75.

Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares, divisións 77 a 82.

Sección P: educación, división 85.

Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais, divisións 86 a 88.

Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións 90 a 93.

Sección S: outros servizos, divisións 94 a 96.

Proxectos Subvencionables:

1. Son proxectos subvencionables os investimentos en equipos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación:

a) Bono asesoramento enerxético:

Serán subvencionables:

* Diagnósticos enerxéticos que inclúan inventario dos principais equipos consumidores do centro de traballo, análise de consumo, propostas de optimización do consumo enerxético e de mellora da contratación e facturación da enerxía avaliando o custo e aforro económico derivado.

* Auditorías enerxéticas, que ademais do contido dos diagnósticos deben completar a parte de análise de consumos con medicións (análises de combustión de caldeiras, medición consumo eléctrico dos principais equipos consumidores, análises termográfico das instalacións, medicións lumínicas…) e na parte de proposta de mellora debe analizar actuacións de eficiencia enerxética, de implantación de enerxías renovables, de mellora da contratación e facturación da enerxía e implantación de sistemas de telegestión e automatización que permitan reducir o consumo enerxético.

b) Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/o térmico. Só serán subvencionables toldos de cor branca e/o negro e variantes destas cores). En ningún caso serán subvencionables os elementos que incorporen publicidade.

c) Bono iluminación: renovación de equipos de iluminación interior e/o exterior, incluídos rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.

d) Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas garantindo unha subministración con calidade e fiabilidade (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).

e) Bono equipo: renovación do equipo consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, ferros, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipo de consumo enerxético propio do establecemento sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipo previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Deberá xustificarse a retirada do equipo existente e a súa entrega a un xestor autorizado.

f) Bono climatización: equipos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Esta medida contempla exclusivamente as instalacións fixas, destinadas á climatización e/o produción e consumo de auga quente sanitaria do establecemento, quedando fóra do seu ámbito os equipos móbiles e os non permanentes para a climatización de terrazas e outros espazos abertos ao público. Os novos equipos deberán ser de potencia térmica nominal superior a 5 kW e ter unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipo previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Tamén serán subvencionables a incorporación de recuperadores de calor, de sistemas de arrefriado gratuíto, a mellora dos illamentos da instalación de climatización, sistemas de movemento de fluídos caloportadores e de regulación e control (sistemas de regulación en función de medicións de CO2 ou da temperatura exterior, billas economizadores accionados mediante infravermellos e outros).

g) Bono inmótica: sistemas domóticos e/o inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente. No caso de sistemas de telemedida intelixentes que permiten monitorizar as instalacións e detectar consumos anómalos, consideraranse elixibles se incorporan algún tipo de actuador ou automatismo, por exemplo enviando alarmas advertindo de situacións non desexadas. Se só miden e analizan non se consideran elixibles.

2. A mellora enerxética debe describirse adecuadamente na memoria técnica á que se fai referencia no artigo 10 destas bases reguladoras. Non se considerarán válidos os proxectos que non detallen adecuadamente os equipos para instalar e o fundamento da mellora enerxética en relación coa situación inicial.

3. Os proxectos que se presenten deberán ser técnica, xurídica, económica e financeiramente viables.

Condicións dos Proxectos:

1. Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 2 de outubro de 2024, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE. No caso de que a solicitude contemple exclusivamente o bono de asesoramento enerxético, o investimento mínimo da solicitude establécese en 200 euros por solicitude, sen incluír o IVE.

3. Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude por cada centro de traballo. Cada solicitude poderá recoller unha ou varias actuacións de distinta tipoloxía dentro das contempladas no artigo 2 destas bases reguladoras. Excepcionalmente, permitirase a presentación de dúas solicitudes cando unha delas contemple exclusivamente o bono asesoramento enerxético.

Inversiones Subvencionables:

1. Os custos de investimento necesarios para a consecución dunha ou varias das diferentes tipoloxías de mellora enerxética definidas no artigo 2 das bases reguladoras.

2. A realización dos diagnósticos/auditorías e do proxecto, a dirección de obra, a adquisición e instalación dos equipos, obra civil, soportes e proteccións tanto eléctricas como mecánicas, así como calquera outro elemento necesario para o correcto deseño e funcionamento da instalación reformada.

Inversiones no Subvencionables:

a) Os gastos de legalización.

b) O imposto sobre o valor engadido (IVE).

c) Os gastos que se realicen en pago de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recolleitos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Non serán subvencionables as operacións de mantemento (simple reposición de lámpadas, reposición de elementos funxibles…).

e) As instalacións de xeración eléctrica fotovoltaica.

En ningún caso serán subvencionables as instalacións/equipos que xa fosen obxecto de axuda en anos anteriores.

Prazo de presentación:

Dende o 10 de xaneiro de 2024 ás 09:00 horas, ata o 26 de xuño de 2024.

Bases reguladoras:

https://acortar.link/QxWKPM