O martes 11 de novembro, desde Axober organizamos unha actividade especial para os nosos socios: unha visita guiada ás instalacións de Coca-Cola.
Trátase dunha oportunidade única para coñecer de primeira man o funcionamento interno dunha das compañías máis recoñecidas a nivel mundial, descubrir os seus procesos de produción e comprender a dimensión dunha marca referente no seu sector.
A participación é gratuita, pero as prazas están limitadas a 25 persoas, polo que é imprescindible reservar con antelación.
📌 Data: martes, 11 de novembro
📍 Lugar: instalacións de Coca-Cola
🎟️ Prazas limitadas: 25
Se es socio/a de Axober e desexas asistir, inscríbete aquí canto antes e acompáñanos nesta experiencia

