Axober, en colaboración co Concello de Carballo, organiza unha nova edición da Axober Work Party, un espazo de intercambio de experiencias para autónomos e empresas que nesta ocasión regresa ao formato presencial, tras dous anos consecutivos de celebración telemática debido á pandemia.
A xornada, que terá lugar o xoves 3, ás 19.00 horas, no auditorio do Fórum Carballo, xirará arredor da “ Reforma Laboral: Aspecto Claves” co fin de abordar e analizar as principais novidades desta polémica lei, incidindo especialmente nos seguintes aspectos:
- Limitación á contratación temporal
- Recuperación da ultraactividade dos convenios colectivos
- Subcontratación, convenio colectivo de aplicación
- Novo contrato formativo
- Mecanismo Rede de Flexibilidade
- Sector da Construción, modificación contrato de obra
- Contrato fixos-descontinuos (se pode ser con máis profundidade)
- Reforma de Lei de Infraccións e Sancións. Reforzo do papel da ITSS
O evento contará con tres relatores especializados na materia como Javier Fernández Travieso, licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e funcionario de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade social de A Coruña, con ampla experiencia en conferencias sobre Dereito do Traballo, Seguridade Social e Prevención de Riscos Laborais; Carlos Puga Tigrás, avogado da Asesoría Cervantes, e Manuel Loureiro Souto, Graduado Social e xerente de Alea Asesores, ambos con gran experiencia no ámbito do asesoramento laboral.
As persoas interesadas en asistir á sesión, que será de balde pero con aforo limitado, deberán formalizar a súa inscrición a través do teléfono da asociación 981 756 313 ou no correo electrónico informacion@axober.org ata o vindeiro día 3 ás 14:00 h.