Axober Workparty 2024

  • Categoría da entrada:Formación / Novas
Neste momento estás a ver Axober Workparty 2024

Xa temos en marcha unha nova edición da Axober WorkParty.

Este ano, contaremos con Alfonso Alcántara, nun evento para aprender a liderar e motivar con humor e rigor os profesionáis das empresas.

Alcántara, recoñecido polas súas intervencións dinámicas e inspiradoras, achegará claves prácticas para mellorar o rendemento e a satisfacción dos equipos de traballo.

Contaremos tamén co humorista carballés Rober Bodegas, que será o encargado de presentar e moderarar o evento.

Celebrarase no Fórum Carballo o próximo xoves 17 de Outubro ás 19:00 h

A asistencia ao evento é gratuíta, mais debido ao aforo limitado, recoméndase realizar a inscrición previa

Formulario inscripción:  https://forms.office.com/e/vSwzJzXWyS