Xornada Padel e Networking en MiCLUB

  • Categoría da entrada:Novas
Neste momento estás a ver Xornada Padel e Networking en MiCLUB

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), en colaboración con MiClub Pádel, organiza unha nova actividade dirixida ás empresas asociadas: unha xornada de formación en pádel e networking, que terá lugar o sábado 24 de maio, a partir das 10:00 h, nas instalacións de MiClub Pádel en Carballo.

Obxectivos da xornada:

  • Introducir aos participantes no mundo do pádel, cun enfoque práctico e participativo.
  • Promover a actividade física e o benestar entre o tecido empresarial.
  • Fomentar o contacto e a creación de sinerxías entre empresas da comarca nun ambiente distendido e dinámico.

Programa:

  • 10:00 h – Introdución e formación básica
  • 10:30 h – Clases de golpeo e posición.
  • 11:30 a 13:00 h – Clase/partido por grupos.
  • 13:30 h – Pinchos e espazo para networking na cafetería do centro.

🎯 Destinatarios: Empresas asociadas ou no a Axober
📍 Lugar: MiClub Pádel – Carballo.
🎯 Coste:  Socios gratis (1 persoa por empresa). Non socios ou acompañantes 10€
📅 Data: Sábado 24 de maio.
🕙 Hora de inicio: 10:00 h.
📌 Inscricións ata o 21 de maio a través do seguinte formulario: https://forms.office.com/e/GDYzW2cTfi
📞 Máis información: 665 43 94 32 | info@axober.org


Non perdas esta oportunidade de desconectar, aprender e conectar!