mec_page-0001
mec_page-0001

MEC- Multidisciplinar Eloy Calvo

Sobre nós

Somos un centro dedicado ao coidado de dous piares que consideramos fundamentais para a boa saúde: a nutrición e o exercicio físico.

En Nutrición, orientamos e promovemos a consciencia sobre por que debemos alimentarnos de forma saudable e cales son os beneficios que repercutirán na nosa saúde e vitalidade en xeral, ofrecendo, ademais, á persoa ferramentas para xestionar as súas dietas no futuro.

As nosas alimentacións están 100 % adaptadas ás necesidades de cada persoa, incluíndo:

  • Redución ou aumento de peso
  • Intolerancias alimentarias
  • Problemas gastrointestinais
  • SIBO
  • Patoloxías de inflamación do intestino
  • Alimentación para deportistas
  • Prevención de novas patoloxías sistémicas

Na área de adestramento físico ofrecemos:

  • Adestramento funcional grupal: as nosas clases de adestramento son xestionadas por adestradores físicos titulados, que guiarán a realización dos exercicios, asegurando a súa correcta execución.
  • Adestramento persoal: deseñado, guiado e supervisado por un/unha adestrador/a, a través dun plan de adestramento completamente personalizado e adaptado aos requirimentos e necesidades do/da usuario/a.
  • Programa de adestramentos en liña: deseñado para persoas que non poden acceder presencialmente ou para quen prefira un adestramento personalizado desde a casa.
  • Servizo de valoración física persoal: análise do estado físico con orientación a melloralo.

Situación

Contacto