Axober no seu compromiso continuo coa mellora e profesionalización da hostalería da comarca, organiza unha nova xornada técnica dirixida ao sector hostaleiro e de restauración baixo o título “Deseño e eficiencia nas cociñas profesionais”, que terá lugar o martes 24 de febreiro ás 17:30 horas no Fórum Carballo.
A sesión será impartida Marcos Roig, Director Comercial de Grupo Roig, empresa especializada en equipamento e proxectos integrais de cociñas profesionais, con ampla experiencia no deseño de cociñas para establecementos hostaleiros en Galicia.
Durante a presentación abordaranse aspectos clave como a correcta distribución dos espazos, a selección de materiais axeitados e os criterios actuais de eficiencia que permiten optimizar o funcionamento diario dunha cociña profesional.
Trátase dunha actividade orientada a profesionais, empresas e persoas interesadas en mellorar a planificación e o rendemento das súas instalacións, así como en coñecer solucións actuais aplicadas no sector.
A xornada é gratuíta e aberta ao público profesional, cun límite de 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición, tendo prioridade as persoas asociadas a Axober. A duración aproximada será de 75 minutos e, ao rematar, ofrecerase un pequeno aperitivo aos asistentes, que correrá da man do alumnado de FP Básica de Hostalería de Carballo.
INSCRICIÓNS: Preme aquí (o plazo de inscripción remata o venres 20 de febreiro)
Lugar: Fórum Carballo
Organiza: Axober
Colabora: Concello de Carballo e Deputación da Coruña

