O vindeiro mércores 4 de xuño ás 19:00 h, en Axober organizamos unha nova xornada formativa no Fórum Carballo centrada nun tema clave para o tecido empresarial: a ciberseguridade.
Nun contexto no que os ataques dixitais son cada vez máis frecuentes e sofisticados, especialmente dirixidos a pequenas e medianas empresas, consideramos fundamental informar, previr e capacitar ao noso tecido empresarial fronte a este tipo de ameazas.
Contaremos cun panel de expertos de primeiro nivel:
- Alberto González, Xefe do Equipo de Asesoramento, Prevención e Resposta en materia de Ciberdelincuencia da Garda Civil da Coruña.
- Martín González, Responsable de Comunicación de Cloud.gal, empresa galega especializada en solucións cloud e ciberseguridade.
- Víctor Salgado, avogado de referencia en dereito dixital e protección de datos, con ampla experiencia asesorando a empresas en cumprimento normativo no entorno online.
A quen vai dirixida?
Esta actividade está orientada a:
- Empresarios/as, autónomos/as e profesionais da comarca
- Persoal técnico ou responsable de sistemas
- Calquera persoa interesada en previr riscos dixitais na súa actividade profesional
? Unha actividade gratuíta, especialmente pensada para pemes e autónomos, co obxectivo de estar ao día das principais ameazas ás que estamos expostos no ámbito dixital.
? Será unha boa ocasión para aprender da man de profesionais do sector e compartir experiencias nun ambiente distendido, xa que ao rematar haberá un aperitivo para facer networking.
? Inscricións xa abertas en https://forms.office.com/e/SBB5YSmKAX

