MEC- Multidisciplinar Eloy Calvo
Sobre Nós
Somos un centro dedicado ao coidado de dous piares que consideramos fundamentais para a boa saúde: a nutrición e o exercicio físico.
En Nutrición, orientamos e promovemos a consciencia sobre por que debemos alimentarnos de forma saudable e cales son os beneficios que repercutirán na nosa saúde e vitalidade en xeral, ofrecendo, ademais, á persoa ferramentas para xestionar as súas dietas no futuro.
As nosas alimentacións están 100 % adaptadas ás necesidades de cada persoa, incluíndo:
- Redución ou aumento de peso
- Intolerancias alimentarias
- Problemas gastrointestinais
- SIBO
- Patoloxías de inflamación do intestino
- Alimentación para deportistas
- Prevención de novas patoloxías sistémicas
Na área de adestramento físico ofrecemos:
- Adestramento funcional grupal: as nosas clases de adestramento son xestionadas por adestradores físicos titulados, que guiarán a realización dos exercicios, asegurando a súa correcta execución.
- Adestramento persoal: deseñado, guiado e supervisado por un/unha adestrador/a, a través dun plan de adestramento completamente personalizado e adaptado aos requirimentos e necesidades do/da usuario/a.
- Programa de adestramentos en liña: deseñado para persoas que non poden acceder presencialmente ou para quen prefira un adestramento personalizado desde a casa.
- Servizo de valoración física persoal: análise do estado físico con orientación a melloralo.
Situación e contacto
Av. Ponte da Pedra, n° 70, bajo, 15100 Carballo, A Coruña
Teléfono
Páxina Web
