A Laracha conecta A Industria
Detalles
O Concello da Laracha celebrará o vindeiro mércores 18 de novembro, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura, unha xornada que servirá para pechar o segundo bloque do proxecto A Laracha Conecta, centrado na industria e nos oficios.
O encontro reunirá alumnado de bacharelato, representantes do tecido empresarial e profesionais do ámbito asociativo para dar a coñecer os recursos e apoios das administracións públicas ao emprendemento e ao emprego. Ademais, contarase con experiencias de éxito empresarial do municipio, tanto de compañías industriais como de pequenas e medianas empresas.
A xornada rematará cun aperitivo e un espazo de encontro pensado para favorecer a conexión entre os distintos participantes, especialmente entre as empresas e os futuros profesionais, promovendo así novas oportunidades de colaboración e emprego.
AXOBER é unha das entidades colaboradoras co proxecto A Laracha Conecta, impulsado polo Concello da Laracha.
