Foro Empresa, FP e Talento
O vindeiro xoves 28 de maio, Axober celebrará no Fórum Carballo a xornada de peche do programa “Construindo Futuro”, unha iniciativa orientada a achegar o mundo educativo e o tecido empresarial da comarca.
Baixo o título “Foro Empresa, FP e Talento”, o encontro reunirá empresas, centros educativos e entidades vinculadas á empregabilidade e á formación, co obxectivo de crear un espazo de diálogo sobre os retos actuais do mercado laboral, a FP Dual, as prácticas en empresa e a captación de talento.
A xornada contará con diferentes mesas e intervencións nas que participarán empresas con experiencia en FP Dual, centros educativos da comarca, entidades como FEUGA e Fundación Venancio Salcines, así como representantes do Concello de Carballo, o Polígono de Carballo e Axober, que presentará ademais o novo portal de emprego www.empregate.gal.
O evento desenvolverase en horario de tarde.

Desde Axober animamos a participar a empresas, profesorado, alumnado, orientadores e todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis de preto as oportunidades de colaboración entre formación e empresa na nosa comarca.