II Mostra de innovación e tecnoloxía aplicada á PRL feita no territorio

Este evento rematou.

Venres, 27 Marzo 2026 | 10:00 - 13:00

Sede Central da CEC, Plaza Luis Seoane Torre 1, Entreplanta, A Coruña, A Coruña 15008 Ver Mapa

Evento rematado

Detalles

O próximo venres 27 de marzo, a sede da Confederación de Empresarios de La Coruña acollerá a II Mostra de innovación e tecnoloxía aplicada á PRL feita no territorio, tras o éxito da primeira edición celebrada en 2025.

En formato «marketplace», a xornada reunirá produtos, servizos e ferramentas que están a transformar a xestión preventiva nos centros de traballo: desde aplicacións móbiles, intelixencia artificial, ata novas fórmulas de organización e sensibilización preventiva.

Un encontro pensado para coñecer, compartir e impulsar innovacións que contribúan a crear contornas laborais máis seguras, saudables e sostibles.

Programa

10:00  Benvida

María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC

10:10  Solucións innovadoras en PRL. Made in Galicia

Programa de Acompañamento Emocional Integral.

Mónica Seara. Regional Manager Zona Norte de Affor Health

Iniciativas pioneiras para protexer a saúde das persoas traballadoras expostas a radon: control de dose efectiva e vixilancia sanitaria específica.

Lucía Martín. Directora de Calidad del Laboratorio de Radón de Galicia (USC)

Tecnoloxía uMitiga, prevención de TME 4.0 evolucionas ou baixas?

Xavier Alfonso Cornes. Enxeñeiro Superior Biomecánico Umana Biomecánica

SAFETOP MONITOR: Trazabilidade 360°: Xestión de Stock e Caducidades nun Clic.

David Míguez. KAM & Export Manager SAFETOP

Obras máis seguras: Aplicacións de visión artificial e IoT ao sector da construción.

Jorge Martínez. Investiador da liña de industria dixital do CETIM

Práctica de Cultura Preventiva. Formación Operativa de Seguridade (FOS)

Cristina Dosil. Responsable de Seguridad y Salud Laboral Hijos de Rivera

Conectando cultura, liderazgo y personas para innovar en seguridad

Javier Martínez. Global HSSE Specialist RESONAC

No debIA

Antonio Vázquez. Cultura, liderazgo e innovación PrevenControl

12:30  Café coloquio

13:00  Peche

A sesión celebrarase en modalidade presencial na sede central da CEC en A Coruña. A asistencia é gratuita, pero require inscrición.

Agardámoste para compartir ideas, experiencias e innovación en prevención.

Organiza

CEC
Confederación de Empresarios de La Coruña