PAC 2026: claves, cambios e oportunidades para o sector agrario

Martes, 12 Maio 2026 | 12:30 - 14:00

Forum Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo, A Coruña 15100 Ver Mapa

Duración: 1.5 horas
Inscrición Aberta (∞)

Detalles

Axober, en colaboración co Banco Santander e o Concello de Carballo, organiza esta xornada informativa centrada na nova PAC 2026 e o seu impacto no sector agrario.

Durante a sesión abordaranse os principais cambios do marco orzamentario e os acordos comerciais, así como as oportunidades que se abren para empresas e profesionais do ámbito agroalimentario.

A xornada contará coa participación de expertos do sector e representantes institucionais, que ofrecerán unha visión práctica e actualizada da situación:

  • Lorena Ruíz, Directora de Negocio Agroalimentario de Santander España
  • César Lumbreras, Director de AGROEUROPA e AGROPOPULAR
  • Llaré Blanco, Directora da Oficina de Santander en Carballo
  • Juan José Cerviño, Director Xeral da PAC e Control da Cadea Alimentaria

📅 Data: martes, 12 de maio
🕒 Hora: 12:30 h
📍 Lugar: Auditorio Fórum Carballo

  • Ao rematar, ofrecerase un espazo de networking acompañado dun viño español.