Portugal: oportunidades para empresas galegas

Este evento rematou.

Venres, 10 Abril 2026 | 10:30 - 15:30

Complejo La Base, Lugar A Telleira 3, Carballo, A Coruña 15109 Ver Mapa

Evento rematado

Detalles

Expande o teu negocio a Portugal

Axober organiza unha xornada exclusiva para empresas interesadas en crecer e expandirse a Portugal. Un encontro práctico onde abordaremos, da man de expertos, todos os aspectos clave: fiscalidade, creación de empresa, banca, axudas, riscos e oportunidades reais.

Con networking e comida final

Unha oportunidade única para coñecer de primeira man como dar o salto ao mercado portugués.

PROGRAMA

Portugal: oportunidades para empresas galegas

Evento empresarial dirixido a empresarios interesados en invertir o desenvolver actividade en Portugal

10:30 – Benvida institucional
Julio Vila Pérez – CEO, Grupo Vila Castro (Moderador Evento)
Empresario e consultor especializado en asesoría empresarial, fiscal e contable. Lidera o Grupo Vila Castro desde hai 40 anos, firma que acompaña a empresas no seu desenvolvemento estratéxico e en proxectos de implantación empresarial entre España e Portugal.

Diego IglesiasPresidente AXOBER (Asociación de Empresarios de Bergantiños)
Asociación empresarial que representa e dinamiza o tecido empresarial da comarca de Bergantiños, promovendo a colaboración entre empresas, a formación e o desenvolvemento de iniciativas para fortalecer a actividade económica local.

Pablo GandíoDirector de Quincemil
Empresario de la comunicación digital desde los 15 años. Fundador y director de Quincemil, el diario digital líder de la provincia de A Coruña.

BLOQUE 1 – Estrutura e creación de empresa

10:40 – Portugal como oportunidade para empresas galegas
Antónia Pereira – Grupo Vila Castro
Contable certificada e consultora especializada no mercado portugués e responsable da área Portugal do Grupo Vila Castro. Acompaña a empresas españolas en procesos de implantación en Portugal, coordinación fiscal transfronteiriza e xestión contable e societaria.

11:00 – Cómo planificar unha empresa en Portugal (impacto fiscal)
Dr. Rui Pinho – INOBEST Consulting / EPA, SROC / BKR International
Revisor Oficial de Contas e consultor empresarial con ampla experiencia en planificación fiscal, auditoría e estruturación de sociedades. Colabora con empresas nacionais e internacionais en procesos de expansión e proxectos de investimento.

11:30 – Trámites legais para crear unha empresa en Portugal
Dra. Tânia Rocha – Solicitadora
Profesional especializada en dereito societario e procedementos administrativos. Asesora a empresas e emprendedores nos procesos legais de constitución de sociedades e formalidades necesarias para iniciar actividade en Portugal.

11:55 – Apertura de conta bancaria e operativa cross-border
Decio Filipe Ribeiro – Responsable Cross Border, ABANCA Galicia
Responsable do desenvolvemento de solucións financeiras transfronteirizas en ABANCA. Apoia a empresas que operan entre España e Portugal na apertura de contas, financiamento e estrutura bancario para negocios internacionais.

12:15 – Coffee Break

BLOQUE 2 – Protección e apoio empresarial

12:45 – Xestión do risco empresarial e seguros en Portugal
Nuno Gonçalves – NG Consultadoria de Seguros
Consultor en seguros con máis de tres décadas de experiencia no sector asegurador. Fundador de NG Consultadoria en Seguros, empresa especializada en solucións de protección empresarial, xestión de riscos e planificación de seguros orientados á continuidade e seguridade dos negocios

13:10 – Incentivos fiscais e subvencións ao investimento
Dr. Rui Ribeiro – INOBEST Consulting / EPA, SROC / BKR International
Revisor Oficial de Contas e consultor empresarial con ampla experiencia en planificación fiscal, auditoría e estruturación de sociedades. Colabora con empresas nacionais e internacionais en procesos de expansión e proxectos de investimento.

13:35 – Ecosistema empresarial e asociacións de apoio en Portugal
CEVAL – Confederação Empresarial do Alto Minho
Representante de CEVAL, entidade que representa o tecido empresarial do Alto Minho e promove o desenvolvemento económico rexional, o apoio ás empresas e a cooperación empresarial entre rexións.

13:50 – Peche e consultoría
Grupo Vila Castro / OPV Business Networking
Síntese das conclusións do encontro e presentación de oportunidades de acompañamento para empresas interesadas en desenvolver actividade en Portugal.

14:00 – Comida e networking
Espazo de encontro informal para intercambio de contactos, identificación de oportunidades de colaboración e fortalecemento das relacións empresariais entre Galicia e Portugal.

Organiza: Axober, Quincemil
Colabora: Asesoría Afico, Asesoría Vila Castro, INOBEST Consulting, ABanca, NG Consultadoria de Seguros, Complejo La Base

Organizadores

Coste: 60,00€