Xornada “Transformación Dixital e IA no Sector Hostaleiro”
Axober, en colaboración co Concello de Laxe, organiza unha xornada dirixida ao sector hostaleiro centrada na transformacióon dixital e no uso da intelixencia artificial.
Esta xornada ten como obxectivo achegar ferramentas e solucións innovadoras para mellorar a xestión, a análise de datos e a experiencia do cliente nos negocios hostaleiros. Será de 11:00 a 13:00 horas no Museo do Mar de Laxe.
As inscricións xa están abertas.
Descrición:
O obxectivo da xornada é achegarse, dun xeito práctico e accesible, ás oportunidades que ofrecen a transformación dixital e a intelixencia artificial ao sector hoteleiro de Laxe, axudando a comprender como estas tecnoloxías están a impactar na xestión diaria dos negocios e na súa relación cos clientes. Plantexarase unha visión clara e realista, adaptada ao contexto das pequenas empresas, centrándose en como dar os primeiros pasos sen ter coñecementos técnicos avanzados.
Relator:
David Villar – Xestor de proxectos no Centro Tecnolóxico ITG.