Xornada PRL | Avaliación de riscos psicosociais en Galicia. Da análise á intervención
A CEC en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, convidou á comunidade profesional de PRL do noso tecido a unha sesión de traballo participativa, orientada a explorar novos enfoques no estudo e na xestión dos factores de risco psicosocial no ámbito laboral.
O obxectivo da sesión foi o de profundizar na tipoloxía reto–obstáculo das demandas laborais e analizar como determinados factores da contorna organizacional poden transformar experiencias potencialmente negativas en oportunidades de desenvolvemento e benestar psicolóxico.
Durante a sesión presentouse un estudo empírico sobre a poboación asalariada galega e celebrouse unha mesa redonda interactiva, onde as persoas participantes compartiron experiencias, debatiron resultados e identificaron claves prácticas para unha mellor xestión dos riscos psicosociais no traballo.
Novamente, desde a CEC, no marco das accións de información e promoción da PRL, organizamos outra sesión de traballo para analizar, nesta ocasión, as intervencións no eido laboral sobre os riscos psicosociais, tomando como base a análise previa.
A sesión terá lugar o próximo venres, 24 de abril, na sede principal da Confederación de Empresarios de La Coruña.
Programa
10:00 Benvida
María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC
10:10 Sesión de traballo: Da análise á intervención. Ferramentas prácticas para a intervención de riscos psicosociais.
Carlos Montes – Profesor de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións na Universidade de Santiago de Compostela
12:00 Peche
A asistencia é gratuíta, pero require inscrición.
https://www.cec.es/eventos/perfil-de-evento/?id=c988e36a-1980-427e-bec5-d54ff8e2a9c2
Organiza