Xa están dispoñibles os Bonos Activa Comercio
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha unha nova edición dos Bonos Activa Comercio, unha iniciativa destinada a incentivar o consumo e apoiar o comercio de proximidade mediante descontos nas compras.
A cidadanía xa pode descargar os seus bonos, por un valor total de 30€. e utilizalos nos establecementos comerciais adheridos á campaña, contribuíndo así a dinamizar a actividade comercial local. Os descontos aplicaranse da seguinte forma:
- Compras de 20 a menos de 30 € → 5 € de desconto
- Compras de 30 a menos de 50 € → 10 € de desconto
- Compras de máis de 50 € → 15 € de desconto
Os comercios que desexen participar aínda poden adherirse á iniciativa, sempre que cumpran os requisitos establecidos. Na seguinte ligazón podes atopar toda a información sobre como adherirte á campaña ou tamén podes poñerte en contacto con AXOBER para resolver as túas dúbidas: https://www.bonosactivacomercio.gal
Desde AXOBER animamos os establecementos da comarca a informarse sobre as condicións de participación e a aproveitar esta oportunidade para atraer clientela, ao tempo que animamos a cidadanía a realizar as súas compras no comercio local.