AXOBER organiza en Cabana de Bergantiños a xornada “IA práctica para a túa rutina e aplicable ao teu negocio”
AXOBER – Asociación de Empresarios de Bergantiños -, en colaboración coa Deputación da Coruña, o Concello de Cabana de Bergantiños e o Centro Tecnolóxico ITG, organiza o vindeiro 27 de novembro a xornada “IA práctica para a túa rutina e aplicable ao teu negocio”.
Esta é unha sesión formativa gratuíta dunha hora de duración, de 10:00 a 11:00 horas, que se desenvolverá no Centro de Interpretación e Medioambiental do Esteiro do Anllóns, situado en Sinde. O obxectivo desta xornada é achegar as posibilidades da Intelixencia Artificial ao tecido empresarial e facilitar a súa incorporación aos procesos de traballo diarios.
A xornada contará coa participación de David Villar Rodríguez, responsable de proxectos en ITG e xestor do proxecto Oficina Acelera Pyme deste centro tecnolóxico, que acumula máis de cinco anos de experiencia acompañando empresas e profesionais nos seus procesos de transformación dixital.
Inscricións
Este é unha xornada dirixida especialmente a pemes, persoas autónomas e emprendedoras interesada en descubrir como a IA pode axudarlle a optimizar tarefas, mellorar a produtividade e aproveitar mellor a información dos seus negocios.
A participación é gratuíta e as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición aquí.
Con esta nova actividade, AXOBER continúa promovendo accións formativas orientadas á modernización, á innovacion e á transformación dixital das empresas da comarca de Bergantiños.