Transporte Mercancías por Carretera en Galicia
|

AXUDAS PARA A TRANSFORMACIÓN DE FROTAS DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS E MERCADORÍAS

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade – Xunta de Galicia, ven de publicar as axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario.

No marco do plan, dentro deste investimento inclúense como actuacións subvencionables:

✅ O achatarramento de vehículos. Código de procedemento IF318B.

✅ A adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono. Código de procedemento IF318C.

✅ O retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos. Código de procedemento IF318D.

✅ A implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos. Código de procedemento IF318E

✅ A adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias. Códigode procedemento IF318F.

? Prazo de presentación de solicitudes: Vixente ata o 30 de abril de 2024, fóra da actividade 4 cuxa vixencia finalizará o 31 de decembro de 2023.

Info: https://bit.ly/3x2CI3y