AXUDAS XEMPRE EMPREGO
Xa está aberto o prazo de solicitudes das axudas #XempreEmprendemento, dirixidas a persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Conceptos subvencionables:
Equipamento informático.
Activos intanxibles: activos que no teñen unha materialización física ou financeira.
Investimentos en eficiencia enerxética.
Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos: – Que os activos sexan adquiridos a unha persoa terceira non relacionada coa persoa compradora.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 13.00 horas do 4 de outubro de 2022 e será dun mes (tendo en conta o disposto na disposición derradeira segunda), agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
+info: https://bit.ly/3M1WwKb