Nova xornada de “Construíndo o Futuro: Empresas e Formación” coa EFA Fonteboa
Nova xornada de “Construíndo o Futuro: Empresas e Formación”!
Hoxe, os alumnos da EFA Fonteboa continuaron descubrindo o tecido empresarial da comarca cunha nova xornada de visitas. Un día cheo de aprendizaxe no que coñeceron de preto distintos sectores profesionais!
Comezaron a mañá nas oficinas centrais do Polígono de Carballo e no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio, onde exploraron os recursos dispoñibles para emprendedores e empresas.
En Urbysol, mergulláronse no sector da carpintería, coñecendo os procesos de fabricación e a importancia da madeira na construción e deseño.
En Herfraga, descubriron como se fabrica maquinaria de alta tecnoloxía para a industria conserveira, un sector clave da economía galega.
Para pechar a xornada, visitaron o concesionario Hyundai Hypersa, onde aprenderon sobre o funcionamento dun concesionario, as novidades no sector da automoción e a atención ao cliente.
Unha mañá chea de inspiración e novas experiencias! Moitas grazas ás empresas participantes por abrir as súas portas e compartir o seu traballo cos profesionais do futuro. Seguimos sumando oportunidades!✨
#ConstruíndoOFuturo #EmpresasEFormación #Axober #TalentoLocal #FuturoEmpresarial