Pel Reactiva Programa Apoio
|

PEL-REACTIVA: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTALERÍA E AXENCIAS DE VIAXES

Consistente en axudas directas de 1.500 euros a microempresas e persoas traballadoras autónomas que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

✅ Figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas).

✅ Teñan o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes.

✅ Non resultaran beneficiarias das axudas PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña.

▪ O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o vindeiro 3 de maio ás 08.00 horas e ata o esgotamento do crédito dispoñible.

▪As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/  

Bases reguladoras