Visita Cocacola Axober Cartel
|

Visita a Coca-Cola con Axober / 11 de novembro

O martes 11 de novembro, desde Axober organizamos unha actividade especial para os nosos socios: unha visita guiada ás instalacións de Coca-Cola.

Trátase dunha oportunidade única para coñecer de primeira man o funcionamento interno dunha das compañías máis recoñecidas a nivel mundial, descubrir os seus procesos de produción e comprender a dimensión dunha marca referente no seu sector.

A participación é gratuita, pero as prazas están limitadas a 25 persoas, polo que é imprescindible reservar con antelación.

  • Data: martes, 11 de novembro
  • Lugar: instalacións de Coca-Cola
  • Prazas limitadas: 25

Se es socio/a de Axober e desexas asistir, inscríbete aquí canto antes e acompáñanos nesta experiencia