Convocada unha folga xeral para o 11 de novembro

Este mércores 11 de novembro está convocada unha xornada de folga xeral de 24 horas no conxunto do territorio nacional, á que se suman distintas organizacións sindicais, entre elas CCOO, UGT, CGT e CNT, ademais doutras organizacións.

A convocatoria está vinculada a unha serie de reivindicacións relacionadas coas condicións laborais e sociais, especialmente co incremento dos salarios, o acceso a unha vivenda digna e a evolución dos prezos.

En Carballo está previsto que se celebre unha manifestación ás 12:00 horas que, neste caso, está convocada pola CIG.

Entre as demandas formuladas por CCOO e UGT figuran melloras salariais, avances na negociación colectiva, a redución da xornada laboral, medidas para facilitar o acceso á vivenda e actuacións fronte á precariedade laboral. As organizacións convocantes tamén reclaman unha maior protección dos servizos públicos e da saúde no traballo.

A folga está prevista para toda a xornada do mércores 11 de novembro, desde as 00.00 ata as 24.00 horas. Nos centros de traballo organizados por quendas, os horarios de inicio e finalización poden adaptarse ás condicións establecidas nas respectivas convocatorias.

Incidencia na actividade empresarial

A convocatoria abrangue actividades dos sectores público e privado, polo que poderá ter repercusión no funcionamento habitual de empresas, centros de traballo e servizos.

No caso dos servizos considerados esenciais, deberán respectarse os servizos mínimos que establezan as administracións competentes. O Boletín Oficial do Estado publicou o pasado 7 de novembro a Orde TED/1180/2026, relativa aos servizos mínimos necesarios para garantir o subministro eléctrico e a seguridade das persoas e das instalacións durante a xornada de folga.

As empresas e as persoas traballadoras pode consultar a información oficial relativa á convocatoria a través das fontes institucionais e das organizacións correspondentes.