AXOBER reparte participacións da Lotería de Nadal entre os seus asociados
Con motivo do Nadal, dende AXOBER queremos compartir con todas as persoas asociadas a ilusión da Lotería de Nadal.
Para iso, faremos chegar a cada persoa asociada unha participación de 1 euro da Lotería Nacional do Sorteo Extraordinario de Nadal, que se celebra o 22 de decembro de 2026.
O número correspondente á participación é o 25546, serie 195.
Ademais, aquelas persoas que desexen adquirir un décimo enteiro deste mesmo número poderán facelo directamente na Administración de Loterías Pazos (rúa Hórreo, nº5 de Carballo).
Desde AXOBER desexámovos moita sorte e, sobre todo, que este Nadal veña cargado de boas novas para toda a familia AXOBER!