Novas lexislativas de interese empresarial
Recopilamos as últimas publicacións nos boletíns oficiais que poden resultar de interese para as empresas e persoas autónomas:
BOE núm. 254 | 13 de outubro de 2026
- Calendario de festas laborais para 2027. Resolución do 8 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2027. Consultar resolución.
BOE núm. 261 | 21 de outubro de 2026
- Melloras na protección social. Real decreto lei 31/2026, do 20 de outubro, para a mellora da acción protectora da Seguridade Social e doutras normas sociais. Consultar texto.
BOP da Coruña núm. 187 | 30 de setembro de 2026
- Festividades locais da provincia da Coruña para 2027. Resolución do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña sobre as festividades de carácter local na provincia. Consultar resolución.
BOP da Coruña núm. 202 | 22 de outubro de 2026
- Corrección de erros no calendario de festas locais de 2027. Publicación dunha corrección de erros relativa ás festividades de carácter local da provincia da Coruña para o ano 2027. Consultar corrección.
BOE núm. 263 | 23 de outubro de 2026
- Protección fronte á exposición a axentes perigosos no traballo. O Real decreto 846/2026, do 21 de outubro, modifica a normativa relativa á protección das persoas traballadoras fronte á exposición a axentes canceríxenos, mutáxenos ou reprotóxicos e a axentes químicos durante o traballo. Consultar texto.
- Seguridade e saúde nos traballos con risco de exposición ao amianto. O Real decreto 847/2026, do 21 de outubro, establece as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables a este tipo de traballos. Consultar texto.