Onte tivo lugar a presentación do festival, á que asistiu o Presidente de Axober. Imaxe: A Furna

AXOBER aposta pola divulgación científica apoiando o festival Pint of Science que terá lugar os días 18, 19 e 20 de maio

Os días 18, 19 e 20 de maio, a ciencia achégase á cidadanía nun ambiente próximo e
accesible grazas ao festival Pint of Science.

En Carballo, esta iniciativa conta co apoio de AXOBER, que participa como patrocinador local na categoría bronce, reafirmando así o seu compromiso co coñecemento, a innovación e o desenvolvemento do territorio.

A participación de AXOBER neste evento enmárcase na súa aposta por apoiar iniciativas que xeren impacto positivo na contorna. A divulgación científica non só promove o coñecemento, senón que tamén impulsa a innovación, o emprendemento e a formación continua, valores clave para o progreso social e económico.

Ademais, este tipo de eventos contribúen a dinamizar a vida cultural de Carballo, ofrecendo propostas diferentes e enriquecedoras para a cidadanía.

Ciencia para todos os públicos
Pint of Science naceu co obxectivo de romper barreiras entre a comunidade científica e a sociedade, levando charlas divulgativas a espazos informais. Durante estes tres días, o públicopoderá descubrir proxectos, avances e curiosidades científicas explicadas de forma clara e amena, fomentando o interese pola ciencia en todas as idades.

Este programa, organizado polo Concello de Carballo baixo o lema “Carballo é unha fonte inesgotable de talento”, convértese ademais nun punto de encontro entre profesionais, estudantes e veciñanza, fortalecendo o tecido cultural e educativo.

Desde Axober animamos a toda a veciñanza a achegarse a Pint of Science e a gozar
dunha experiencia única onde a ciencia se explica dun xeito próximo, entretido e
accesible.