AXOBER celebra este venres a súa Cea Anual á que xa están confirmadas máis de 100 persoas
A Asociación de Empresarios de Bergantiños – AXOBER – celebra este venres 6 de novembro a súa Cea Anual que terá lugar a partir das 21:00 horas no restaurante Punta del Este – Alda Hotels.
A convocatoria está a ter unha moi boa acollida e xa son máis de 100 as persoas do ámbito empresarial e social de toda a comarca que confirmaro ANun a súa asistencia. Aínda así, o prazo de inscrición continúa aberto e quedan as últimas prazas dispoñibles para participar nesta cita.
A Cea Anual constitúe unha das citas destacadas da actividade asociativa de AXOBER e representa unha oportunidade para fortalecer os vínculos entre as empresas, establecer novos contactos e impulsar posibles vías de colaboración. Máis alá da actividade empresarial diaria, a xornada busca crear un espazo de convivencia no que compartir unha velada de música e celebración.
Últimos días para inscribirse
A mediados desta semana pecharanse as inscricións polo que as persoas interesadas en asisitir poden anotarse aquí.