O Restaurante As Garzas e o Restaurante Río Sil levan os seus pratos aos Premios da Cociña Galega

O pasado luns, 26 de outubro, celebráronse os Premios da Cociña Galega, organizados pola Asociación Amigos da Cociña Galega e a Fundación A Muiñeira, unha cita de referencia para o sector gastronómico galego á que asistiu o presidente de AXOBER, Diego Iglesias.

Nesta edición estaban nominados dous establecementos asociados á nosa entidade: o Restaurante As Garzas, situado en Malpica de Bergantiños, e o Restaurante Río Sil, que representaron a calidade e o potencial gastronómico da comarca.

O Restaurante As Garzas resultou galardoado na categoría de mellor receita de marisco bivalvo, un recoñecemento ao seu traballo e á súa contribución á gastronomía galega.

Desde AXOBER trasladamos os nosos parabéns a ambos os establecementos pola súa participación nestes premios e, especialmente, ao equipo de As Garzas por este merecido recoñecemento, que contribúe a poñer en valor a oferta gastronómica de toda a Costa da Morte.