Banco Sabadell presenta novas vantaxes para os/as socios/as de AXOBER
Banco Sabadell, entidade coa que se asinou recentemente un convenio de colaboración, vén de dar a coñecer unha ampla gama de solucións financeiras dirixidas a autónomos, comercios e empresas, – e en especial aos asociados de AXOBER, co obxectivo de facilitar a xestión diaria dos negocios e apoiar o seu crecemento.
Entre as principais vantaxes destacan as contas Sabadell Negocios PRO e Negocios Plus PRO, con condicións promocionais durante os primeiros 12 meses; tarxetas Business sen comisións de emisión nin mantemento, baixo determinadas condicións; transferencias nacionais e ao Espazo Económico Europeo gratuítas a través de Sabadell Online, así como solucións de cobramento mediante TPV adaptadas ás necesidades de cada actividade.
A oferta inclúe tamén distintas opcións de financiamento para novos proxectos, adquisición de equipamentos ou necesidades de liquidez, ademais de seguros para protexer o negocio, as persoas traballadoras e os propios autónomos.
Ademais, os profesionais que pertenzan a un colectivo con convenio asinado con Banco Sabadell poden beneficiarse dunha bonificación do 100 % da cota de asociado ou colexiado do primeiro ano, ata un máximo de 100 euros, domiciliando o pagamento nunha das contas indicadas.
A promoción está dirixida a novos clientes autónomos, comercios e empresas que se dean de alta na entidade antes do 8 de xaneiro de 2027. As condicións e os requisitos específicos poden consultarse directamente co persoal d sucursal do Banco, situada na rúa Colón de Carballo, ou ben a traves do seu número de teléfono: 981 700 451.