Varias empresas de Bergantiños asistiron a cea de confraternidade organizada por ASINEC

AXOBER participa na cea organizada por ASINEC

O pasado venres, 17 de abril, representantes de AXOBER asistiron á cea de confraternidade organizada por ASINEC – Asociación Provincial de Electricistas de A Coruña, un encontro que reuniu a profesionais do sector eléctrico e das telecomunicacións da provincia da Coruña.

A cea desenvolveuse nun ambiente distendido e próximo, favorecendo o intercambio de impresións e o fortalecemento de relacións profesionais entre os asistentes. Dende AXOBER consideramos que este tipo de iniciativas contribúen a consolidar o tecido empresarial e a fomentar a colaboración entre entidades e empresas do sector.

A comarca de Bergantiños estivo amplamente representada grazas á participación de varias empresas da zona, moitas delas socias de AXOBER, o que pon de manifesto a implicación e dinamismo do empresariado local neste tipo de encontros.

Durante o evento, ademais dos espazos dedicados á conversa e ao networking, os asistentes tiveron a oportunidade de inmortalizar o momento cunha fotografía conxunta. Na imaxe aparecen, de esquerda a dereita:

Desde AXOBER quérese trasladar un agradecemento especial a ASINEC polo convite, así como recoñecer o labor que a entidade desenvolve diariamente en apoio ao sector.