AXOBER participa no “VIII Encuentro 45+”; unha feira de emprego celebrada no Fórum Carballo

A Asociación de Empresarios de Bergantiños – AXOBER – estivo onte presente no VIII Encuentro 45+, unha Feira de Emprego para persoas maiores de 45 anos organizada pola Cámara de Comercio da Coruña e que se celebrou no Fórum Carballo.

O encontro reuniu a unha gran cantidade de empresas da zona e de persoas demandantes de emprego destacando a diversidade de perfís profesionais.

Gadisa, Gestán, Nauterra, Verea ou Malasa foron algunhas das empresas que contaron co seu propio espazo dentro da feira onde ofreceron as súas ofertas laborais que, na maior parte dos casos, estaban vinculadas aos sectores da hostalería e turismo. Aínda que tamén se ofertaron postos de traballo en ámbitos como comercio, marketing, administración, xestión,…

Entre os participantes tiveron unha especial relevancia as persoas sin formación específica que están á procura dunha oportunidade para incorporarse ou reincorporarse ao mercado laboral.

Axober na Feira de Emprego 45+ celebrada no Fórum Carballo

No espazo AXOBER – compartido co Polígono de Carballo – as persoas participantes puideron coñecer as diferentes ofertas laborais das empresas asociadas así como coñecer empregate.gal; a nova plataforma para o emprego impulsada por AXOBER.

Para AXOBER este tipo de encontros son necesarios xa que contribúen a dinamizar o emprego na comarca e a favorecer a inclusión laboral de colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado de traballo.