Berocasión regresa a Carballo os días 28, 29 e 30 de agosto
Carballo acolle os días 28, 29 e 30 de agosto a 21ª edición de Berocasión, a feira do vehículo de ocasión que se consolida ano tras ano como unha cita imprescindible para profesionais do sector e público interesado en adquirir vehículos con garantías.
A organización, coordinada por AXOBER xunto cos concesionarios participantes, vén de poñer en marcha os preparativos desta nova edición, que manterá a súa esencia como evento especializado exclusivamente en vehículos de ocasión, reforzando así a súa identidade e valor diferencial. Os concesionarios confirmados polo momento son: Automóviles Antamotor, Automóviles Dilmok, Automóviles Vilas Rama, Balsacar Automóviles, Bercauto, Centauto Mobility, Corgal Automóviles, Famauto, Garvifusion, Grupo Fervicar, Hyupersa Finisterre Motor, Jgcar, Miguelauto, Pensado Motor, PS Automoción Carballo, Rebalcars Automóviles, Talleres J. Lema.
Será unha edición chea de novidades con sorteos e premios para o público e con actividades paralelas que complementarán esta feira que é un dos motores da dinamizacion económica e comercial para Carballo e a súa contorna.