Carballo presenta “Noroeste 0 emisións”; un encontro para impulsar modelos de enerxía sostible en toda a comarca

O edificio Fórum Carballo acolleu esta tarde a presentación oficial de Noroeste 0 Emisións, un encontro que se celebra os días 3, 4 e 5 de xuño e que converterá a Carballo nun punto de referencia para o debate arredor da mobilidade sostible, a eficiencia enerxética e a innovación como eixos clave do desevolvemento.

O acto de presentación do cartel contou coa participación do Alcalde de Carballo, Daniel Pérez; o Presidente de AXOBER, Diego Iglesias; e o Presidente da Asociación Slowlight, Coque Alcázar, quen puxeron en valor a importancia de xerar espazos de encontro entre empresas, administracións e profesionais para avanzar cara a un modelo económico máis sostible e competitivo.

Noroeste 0 Emisións reunirá a axentes clave do territorio para abordar cuestións estratéxicas como a transición enerxética, os novos modelos de mobilidade e o impacto da innovación no tecido empresarial”, sinalou Diego Iglesias, Presidente de AXOBER, durante a presentación. 

Daniel Pérez, Alcalde de Carballo, indicou que “con este encontro, Carballo amosa un compromiso firme co futuro e sitúase á vangarda do debate sobre a transición enerxética. Non se trata só de falar de sustentabilidade, senón de xuntar o tecido empresarial, os expertos e os nosos veciños e veciñas para buscar solucións reais e aplicables na nosa contorna. Mellorar a eficiencia e apostar por unha iluminación responsable ou pola mobilidade limpa é clave para construír un

Pola súa banda, Coque Alcázar, Presidente da Asociación Slowlight, indicou que este evento nace co obxectivo de favorecer o intercambio de coñecemento, impulsar sinerxías e promover iniciativas que contribúan á redución de emisións e á mellora da eficiencia nos diferentes sectores produtivos.

A iniciativa está organizada por AXOBER, coa colaboración do Concello de Carballo, Energal, Slowlight e a Deputación da Coruña. Este é un evento aberto a toda a veciñanza e as persoas interesadas poden facer a inscricións no bloque que o desexe a través de axober.org.

PROGRAMA

INSCRICIÓNS

Ao longo dos tres días, haberá nos exteriores do edificio Fórum Carballo unha exposición de vehículos eléctricos de diferentes marcas.