Mañá arrinca no Fórum Carballo o ‘Noroeste 0 emisións’; un encontro que reunirá expertos, empresas e administracións arredor da iluminación sostible e a mobilidade limpa
O Fórum Carballo acolle dende mañá e ata o venres o “Noroeste 0 emisións”, un encontro organizado por AXOBER que reunirá durante tres días a expertos, empresas e administracións arredor dos retos da transición enerxética e a innovación no tecido produtivo.
Durante estes tres días – de mércores a venres -, os exteriores do edificio acollerán tamén unha exposición de vehículos eléctricos na que participan cinco concesionarios de Carballo e que está aberta ao público.
Este encontro ten como obxectivo situar a Costa da Morte como referente no impulso de solucións sostibles, promovendo o intercambio de coñecemento e a creación de sinerxías entre os distintos axentes implicados.
A programación arrinca mañá ás 10:00 horas co bloque “Bergantiños, Boas Noites”, centrado no papel da noite como motor de desenvolvemento territorial, cultural e turístico. Ao longo da mañá abordaranse cuestións clave como a iluminación pública responsable, o urbanismo sostible ou o ecodeseño aplicado aos espazos urbanos.
O Alcalde de Carballo, Daniel Pérez; e o Presidente de AXOBER, Diego Iglesias; encargaranse de inaugurar as xornadas. A continuación xa comezarán os diferentes relatorios da mañá. Coque Alcázar, Co-fundador e Presidente da Asociación Slowlight, falará sobre “A noite que queremos e a noite que merecemos”. A segunda ponencia da mañá, prevista para as 10:50 horas, correrá a cargo de Pedro Calaza, Presidente da Asociación Española de Parques e Xardíns Públicos, que falará do “Urbanismo consilente e a iluminación artificial calmada”. A continuación será a quenda de Iago Martínez Garrido, de EDIGAL, que falará do “Ecodiseño aplicado á iluminación e espazo público”.
Tras unha pausa, a programación continuará con máis intervenciós e entre as que están “Espazos que cuidan. Outra mirada sobre os espazos urbáns nocturnos”, que chegará da man de José Manuel Pérez, director de COP4 e experto en Urbanismo con perspectiva de xénero. A quinta ponencia da mañá impartirá Lanzada Calatayud, experta en turismo sostible, que falará sobre o “Turismo nocturno experiencial e astronómico: claves do presente e futuro na Comarca de Bergantiños”.
A sesión matinal completase cunha mesa redonda na que se debaterá sobre tecnoloxías e estratexias para avanzar cara a contornas máis sostibles. Participarán Lucía Giráldez Costas, divulgadora científica; Víctor Tilve Rúa, profesor-tutor CA Pontevedra e divulgador científico; e un presentante a ASINEC (Asociación Provincial de Industrias Electricistas e de Telecomunicacións da Coruña). Óscar Lodeiro, experto en iluminación responsable, encargarase de moderar esta mesa redonda.
Xa pola tarde, o programa centrarase na mobilidade eficiente e sostible cun bloque específico dedicado ás solucións de cero emisións. As ponencias comezarán ás 16:30 horas coa intervención de Óscar Piñeiro, Delegado comercial de QWELLO España. A continuación Ana María Ramos, Responsable de Optimización Experiencia Punto de Venta, ofrecerá un relatorio baixo o título “Multi enerxía. Estacións de Servizo Repsol (Combustibles Renovables)”. A xornada de mañá pérchase cunha mesa redonda sobre “Actualiación en vehículo eléctrico”, moderada por Marcos Díaz, Tesoureiro de AXOBER; na que participarán representantes dos cinco concesionarios que participan neste encontro cunha exposición de vehículos eléctricos que estará aberta a todos os públicos durante os tres días.
Paseo nocturno interactivo
‘Noroeste 0 emisións’ continaurá o xoves e o venres. A xornada do xoves incluirá talleres experienciais dirixidos á rapazada, centrados na técnica fotográfica do lightpainting.
Xa pola noite, ás 22:00 horas, celebrarase unha andaina nocturna de dificultade baixa, guiada e con uso de lanternas técnicas, que permitirá transformar de xeito creativo distintos puntos do percorrido con saída desde o Fórum Carballo. A actividade é gratuíta e aberta á cidadanía, previa inscrición aquí.
‘Noroeste 0 emisións’ é un encontro organizado por AXOBER coa colaboración do Concello de Carballo, Energal, Asociación Slowlight e a Deputación da Coruña.