Formación: “Transformación Dixital Pemes”
O pasado venres presentamos a nova edición Costa da Morte do programa “Transformación Dixital Pemes”
Un programa formativo de 150 horas, impartido por CESUGA, 100% gratuíto e promovido polo Ministerio de Transformación Dixital e a EOI, grazas á colaboración entre Axober e a Asociación de Empresarios do Polígono de Carballo, que fixemos posible que esta formación chegue á nosa comarca.
Durante a presentación contamos coa presenza de Sonia Debén e Rita Lombán, de CESUGA, que explicaron todos os detalles do curso. Tamén interveu José Ángel Vázquez, de Metalúrxica BB, quen compartiu a súa experiencia como alumno da edición anterior e animou ás empresas a participar.
¿Que ofrece o programa?
- 150 horas de formación, maioritariamente online (só 4 sesións presenciais en Carballo)
- Contidos e horarios adaptables ao alumnado
- Mentorización individualizada con expertos
- Dirixido a PEMES con máis de 10 empregados
A formación comeza o 25 de abril. Se estás interesado/a, ponte en contacto con Axober e darémosche toda a info para inscribirte.
Escríbenos a info@axober.org ou chámanos 665439432!