Xornada Padel e Networking en MiCLUB
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), en colaboración con MiClub Pádel, organiza unha nova actividade dirixida ás empresas asociadas: unha xornada de formación en pádel e networking, que terá lugar o sábado 24 de maio, a partir das 10:00 h, nas instalacións de MiClub Pádel en Carballo.
Obxectivos da xornada:
- Introducir aos participantes no mundo do pádel, cun enfoque práctico e participativo.
- Promover a actividade física e o benestar entre o tecido empresarial.
- Fomentar o contacto e a creación de sinerxías entre empresas da comarca nun ambiente distendido e dinámico.
Programa:
- 10:00 h – Introdución e formación básica
- 10:30 h – Clases de golpeo e posición.
- 11:30 a 13:00 h – Clase/partido por grupos.
- 13:30 h – Pinchos e espazo para networking na cafetería do centro.
Destinatarios: Empresas asociadas ou no a Axober
Lugar: MiClub Pádel – Carballo.
Coste: Socios gratis (1 persoa por empresa). Non socios ou acompañantes 10€
Data: Sábado 24 de maio.
Hora de inicio: 10:00 h.
Inscricións ata o 21 de maio a través do seguinte formulario:https://forms.office.com/e/GDYzW2cTfi
Máis información: 665 43 94 32 | info@axober.org
Non perdas esta oportunidade de desconectar, aprender e conectar!