Cea anual axober 2026
|

O vindeiro 6 de novembro celebramos a Cea Anual de AXOBER

AXOBER celebrará o vindeiro venres, 6 de novembro, a súa cea anual, un encontro pensado para reunir empresarios e empresarias de Bergantiños nun ambiente distendido, favorecendo as relacións profesionais e o intercambio de experiencias entre representantes dos distintos sectores económicos da comarca.

A cita terá lugar a partir das 21.00 horas no restaurante Punta del Este – Alda Hotels, situado na avenida de Malpica, 125, en Carballo.

Con esta cita, AXOBER quere ofrecer un espazo de encontro máis alá da actividade empresarial diaria, no que as persoas asistentes poidan compartir unha velada de convivencia, música e celebración, ao tempo que reforzan os lazos que contribúen a construír un tecido empresarial máis unido e colaborativo.

A cea anual constitúe tamén unha oportunidade para fomentar o coñecemento mutuo entre as empresas da comarca e impulsar novas relacións que favorezan a cooperación e o desenvolvemento económico de Bergantiños.

Inscricións abertas

As persoas interesadas en asistir xa poden reservar a súa praza. As prazas son limitadas, polo que AXOBER anima os seus asociados e asociadas a formalizar a inscrición con antelación.

Toda a información sobre o evento e o formulario de inscrición están dispoñibles aquí.