Xornada sobre robótica e innovacion tecnolóxica en Santiago

ALLKNOW Ibérica Distribution, unha das empresas socias de AXOBER, informa de que a Plataforma Tecnolóxica Española de Robótica (HispaRob) organiza os próximos 26 e 27 de novembro a xornada «Robota: Cultura Robótica», que terá lugar no CIFP Politécnico de Santiago, no marco da Semana Europea da Robótica 2026.

Desde AXOBER queremos trasladar esta convocatoria ás empresas asociadas, especialmente a aquelas interesadas en coñecer as novas aplicacións da robótica e as oportunidades que ofrecen estas tecnoloxías para os diferentes sectores de actividade.

A programación do venres 27 pola mañá estará especialmente dirixida a profesionais, empresas, centros tecnolóxicos, universidades e alumnado de formación técnica e superior. Ao longo da sesión, representantes de empresas, universidades e centros tecnolóxicos presentarán experiencias e aplicacións reais da robótica social e asistencial, así como da incorporación da robótica e das novas tecnoloxías aos ámbitos das emerxencias e da seguridade.

A xornada será unha oportunidade para coñecer proxectos innovadores, intercambiar experiencias e establecer contactos con outros profesionais e entidades do ecosistema tecnolóxico.

A participación é gratuíta, previa inscrición a través da seguinte ligazón: https://erw.hisparob.es/inscripciones-viernes-27-de-noviembre-manana-erw2026