Calendario laboral 2027
A Xunta de Galicia xa aprobou o calendario de festas laborais para o ano 2027, que recolle un total de 12 festivos autonómicos e estatais, aos que haberá que engadir as dúas xornadas festivas de carácter local que establece cada concello.
Os festivos comúns en Galicia serán os seguintes:
- 1 de xaneiro: Aninovo.
- 6 de xaneiro: Día de Reis.
- 19 de marzo: San Xosé.
- 25 de marzo: Xoves Santo.
- 26 de marzo: Venres Santo.
- 1 de maio: Festa do Traballo.
- 17 de maio: Día das Letras Galegas.
- 12 de outubro: Festa Nacional de España.
- 1 de novembro: Todos os Santos.
- 6 de decembro: Día da Constitución.
- 8 de decembro: Inmaculada Concepción.
- 25 de decembro: Nadal.
Entre as particularidades deste calendario destaca a incorporación do 19 de marzo (San Xosé) e do 17 de maio (Día das Letras Galegas) como festivos en Galicia, en substitución doutras datas que coinciden en domingo.
Cómpre lembrar que as empresas deben ter exposto o calendario laboral nun lugar visible de cada centro de traballo, para facilitar a súa consulta por parte do persoal.