EDP abre a convocatoria do programa ENTAMA para apoiar proxectos emprendedores en Cabana e Ponteceso
A compañía enerxética EDP pon en marcha por primeira vez na Costa da Morte unha convocatoria do seu programa ENTAMA, unha iniciativa de apoio ao emprendemento local que busca impulsar proxectos capaces de xerar actividade económica, emprego e novas oportunidades nos territorios rurais.
A convocatoria permanecerá aberta ata o vindeiro 14 de decembro e dará prioridade, entre outros, aos proxectos localizados nos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Muxía e Dumbría. As iniciativas seleccionadas poderán recibir unha achega de ata 20.000 euros por proxecto.
Poderán presentar a súa candidatura persoas emprendedoras, empresas e iniciativas locais con propostas viables e capacidade para xerar un impacto positivo no territorio, tamén desde concellos limítrofes.
O proceso de solicitude é sinxelo: cómpre cubrir un formulario e achegar unha breve memoria ou plan de negocio que permita valorar a viabilidade da iniciativa e o seu impacto local.
Presentación de candidaturas: Acceder ao formulario de solicitude.
Máis información sobre o programa: https://edp.com/es/europa/espana/impacto-social/impacto-social
A continuación poderás ler as bases do programa.